martes, enero 21, 2020

Presentación Atlas da Galiza pequeniña



Parroquia viguesa e comarca, unha vez máis, están vostedes convocados, porque César Cequeliños e o prolífico Jorge Campos · Ilustratecto, un dos nosos autores residentes, teñen nova obra no mercado. É este Atlas da Galicia pequeniña que virán presentar a  Banda Deseñada o vindeiro sábado día 25 a partir das 18:00 horas.

Libro ilustrado pensado para crianzas de todas  as  idades  que  percorre  moitas áreas dá  identidade nacional  galega:  xeografía, historia,  lendas,  personaxes soadas,  festas e  celebracións, símbolos… Un  percorrido visual útil para aprender a  coñecernos  mellor como  pobo,  desenvolvido con  mestría por César  Cequeliños e por Jorge Campos.

Se non poden pasar pero queren un exemplar dedicado, póñanse en contacto connosco. Iso si, perderanse a oportunidade de conversar con César Cequeliños e Jorge Campos.

No hay comentarios: