jueves, mayo 21, 2026

O día de San Martiño



 UN WESTERN NO RURAL GALEGO

Hai uns anos, Cristian F. Caruncho sorprendeunos a todos con Grandarroiba, unha aproximación en clave de ficción ao rural galego.

Segue o autor coa súa persoal reivindicación deste rural tan ovlidado e faio a través da linguaxe que domina, a do cómic e cos referentes que influíron o seu traballo, desde Sam Peckinpah a Leone facendo unha parada no camiño para visitar a Toriyama.

Isto é xusto o que nos imos a atopar en O día de San Martiño. Un Western que troca os desertos de Arizona por paraxes moi reconocibles do noso rural.

Unha BD que se fixo merecedora do premio Castelao de BD e que demostra en cada unha das súas páxinas o dinamismo e bo facer narrativo do seu autor.

Trepidante, divertida e que continua a desenvolver ese universo Carunchiano afincado no rural.

O vindeiro VENRES día 29 a partir das 18:30, Cristian estará en BD presentando e asinando exemplares desta obra. 

Se non podes pasar pero queres un exemplar dedicado, fainos chegar a túa reserva

No hay comentarios: