A necesidade de obras teóricas e divulgativas sobre Banda Deseñada son tan necesarias como apreciadas. Valentes que dediquen o seu tempo e enerxias a realizar este traballo de investigación non son moitos. Xulio Carballo é un deles e este próximo sábado día 4, a partir das 12 horas, estará en BD para presentarnos o seu libro e conversar e instruír a todo aquel que teña un mínimo interese sobre os comezos da Banda Deseñada galega.
Se non podes estar presente na charla pero queres un exemplar dedicado pelo seu autor, non dubides en facernos chegar a tua reserva.
Se non podes estar presente na charla pero queres un exemplar dedicado pelo seu autor, non dubides en facernos chegar a tua reserva.
No inicio dos anos setenta, mentres o franquismo agonizaba, prodúcese un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada.Influído polo cómic «underground» americano e pola emerxente ficción científica francobelga, o pintor Reimundo Patiño reparou na capacidade deformadora, así como na posibilidade de espallamento masivo que posuía a linguaxe do cómic, e obstinouse en crear unha arte de base popular e inspiración universal á que pronto se uniría Xaquín Marín, propiciando ademais a formación do Grupo de Cómic do Castro. Deste grupo xorden as primeiras exposicións por toda Galiza, que acadan unha gran repercusión e mesmo chegan a ser atacadas por grupos franquistas. Porén, a banda deseñada galega non tardará en entrar nos quioscos con revistas históricas como «Vagalume», cunha nómina crecente de autores e personaxes consagrados na prensa como Gaspariño ou Sabeliña. Nesta obra, Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada. Galega e en galego, auténtica, experimental e vangardista, memoria dun tempo e dun país debuxado por mil ríos de tinta que clamaban liberdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario