martes, febrero 11, 2020

Presentación Grandarroiba con Cristian F. Caruncho



Este sábado día 15, Cristian F. Caruncho, estará en Banda Deseñada a partir das 12:00 horas presentado e asinando exemplares de Grandarroiba, o fenómeno comiquero do momento.

Co éxito de O que arde aínda humeando no mundo do cinema, chega ao mundo da bd, Grandarroiba,un fenómeno distinto pero que comparte similitudes co fenómeno cinematográfico.

Cristian F Caruncho destápase cum traballo que fala, unha vez máis, do rural galego, un tema sempre presente na súa obra, pero que con Grandarroiba consegue elevar a outro nivel lector coa historia de Moncho, un deses sobreviventes do rural, home rudo e de poucas palabras que pasa máis tempo cos seus animais que co resto de humanos.

Editada por Demo Editorial, Grandarroiba estase a convertir nun pequeno fenómeno no panorama galego, esgotando a súa primeira edición nun tempo sorprendente para unha obra deste tipo e que xa ten no mercado a segunda edición.

Este sábado 15 esperámosvos a todos. Se non podes pasar, pero queres que Cristian F. Caruncho che dedíque un exemplar de Grandarroiba, ponte en contacto connosco para realizar a reserva.

No hay comentarios: