sábado, marzo 08, 2008

Urco Editora



Desde esta misma semana hemos incorporado a nuestro stock las referencias de Urco Editora. Estupendo, os diréis muchos. ¿Y a mi qué me cuentas?.

Pues lo que os cuento es que este proyecto editorial es una de esas iniciativas que salen directamente del corazón sin permanecer mucho tiempo en la cabeza.
Urco llega al panorama editorial para suplir una demanda que muchos de vosotros nos hacíais sentir a los libreros. Por fin, tenemos traducidas al gallego una selección de obra de la literatura de fantasia, sci-fi y horror. Pero casi mejor que los mismos protagonistas se presenten.



URCO EDITORA é unha nova iniciativa editorial que vén encher un oco histórico no sistema literario galego: a publicación de literatura de fantasía, ciencia ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de "clásicos" ou de "literatura xuvenil". Por isto URCO é pioneira na achega sistemática destos tres xéneros ao público galego.

Os nosos títulos, divididos en tres coleccións temáticas: GÓTICA, FANTASÍA e CIENCIA FICCIÓN, buscan en primeira instancia sentar unhas bases sobre as orixes dos tres xéneros, coa publicación dos autores "clásicos" dos mesmos, e tamén de outros moitos non tan coñecidos polo grande público mais sen dúbida fundamentais para o desenvolvemento posterior deste tipo de literatura.

A nosa ética profesional lévanos a establecer unha serie de criterios, algúns deles pouco ao uso no mercado editorial galego actual, como son:

  • O uso de licenzas Creative Commons para as traducións de textos sen dereitos, xa que consideramos absurdo, pouco ético e "regresivo" o uso das licenzas restrictivas de Copyright sobre textos que xa se atopan liberados do mesmo.

  • O traballo editorial baseado no software libre e open source. En URCO EDITORA realizamos o traballo informático relacionado coa tradución, o deseño, a corrección e a maquetación exclusivamente baixo o entorno operativo GNU/Linux e con programas libres e de código aberto. Esta escolla non está motivada só por motivos económicos, senón tamén porque estamos convencidos de que esta "nova" filosofía informática é extremadamente vantaxosa para o avance da cultura, e como editora, somos unha empresa preocupada pola mesma.

  • Recoñecemento do traballo dos colaboradores. Todo aquel que participa no proceso de edición dun libro de URCO EDITORA aparece recoñecido nos créditos do mesmo e recibe un pagamento digno polos seus servizos.


Las primeras propuestas editoriales son tres clásicos, todas ellas con una edición muy, muy cuidada y con un precio bastante asequible.

- O Corvo (edición bilingue del texto de Poe con ilustraciones de Doré)
- Sleepy Hollow e outro relatos (W. Irving)
- Conan: A filla do xigante de xeo (R.E. Howard)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grazas pola entrada e polo magnífico trato que nos deches. Así da gusto traballar. Esperemos que se vendan os libros XD.
Esta semana mandaremos aos correctores "Relatos de terror sobrenatural" de Robert Howard e o seguinte mini "O signo amarelo" de Robert W. Chambers, así que pronto recibirás as novidades, a ver se pouco a pouco imos tendo fondo de catálogo.
Por certo, estamos abertos a suxestións tanto de libreiros como de lectores, así que se hai algún título que interese e que se poida traducir, estaremos encantados de incorporalo ás nosas liñas editoriais.
Saúde
Urco Editora