Un dos cómics dos últimos anos que máis me chamou á atención foi BRECCIA: LOVECRAFT: LOS MITOS DE CTHULHU. (2003)
Se trata dunha adaptacións ao cómic de relatos do escritor H.P. Lovecraft sobre o ciclo de literatura de horror fantástico (termo acuñado a partir da obra de Lovecraft) chamado Os Mitos de Cthulhu (quedou descansado o escritor con este nome. Xa costa escribilo, e non digamos pronuncialo).
Os Mitos, en realidade, son unha serie de relatos unidos por un fío común, que é o horror irracional e terror psicolóxico fronte a unha amenada de antigas civilizacións desaparecidas e monstros tratados como deidades que loitan pola conquista do universo sen ter en conta á humanidade. Lovecraft fixo guiños á realidade co Necronomicón, o libro dos mortos, construindo a súa historia dende que foi escrito no deserto polo árabe tolo Abdul Al-Hazred. O grimorio ficticio tivo tal repercusión que incluso se anuncióu a súa venda, e tiña ficha na biblioteca de California.
Nas historias que Breccia adapta de forma maxistral á linguaxe visual, Lovecraft se revela coma o mestre do horro que é. O Terror psicolóxico e irracional conecta a nosa mente acostumada aos fenómenos físicos e ás leis naturais (maís ou menos comprobadas. As que non están comprobadas son chamadas teorías ou paradigmas) con esa parte do pensamento que reacciona con medo ao atoparnos fronte a un lago escuro no que tes que meter os pes, ou unha néboa que aparece de súpeto no medio do bosque, ou un caserón abandonado no que hai que entrar... Normalmente non pensas en nada irracional niso. Un lago escuro é un lago escuro, a néboa é un fenómeno atmosférico e unha casa abandona é unha pena, pero non é máis que iso...
ou non..
Lovecraft logrou (ao meu modesto entender) facernos pensar que este mundo estivo habitado eóns atrás por unhas civilizacións e uns seres terribles, despóticos e inhumanos, que deixaron pegadas aquí e alá, perdidas salvo para os entendidos, e que é perigoso, moi perigoso, investigar nese pasado. Logrou que tivesemos dúbidas e medo cando chegamos a un pobo novo, alonxado, con xente que parece que esconde segredos que non queren ser descubertos... E o fixo ben, moi ben.
Desfrutade a lectura!
BERTO
Por cierto, si queréis saber qué está haciendo ZEKE hoy, solo tenéis que pasaros por Esbardalladas.
2 comentarios:
Bueno un post genial Berto.
Con Matias y Berto esta semana cada dia somos mas.:-)
Y puede que con suerte la semana que viene llegue otra sorpresa.
Publicar un comentario