martes, noviembre 12, 2019

Semana da Banda Deseñada en BD



Por fortuna cada vez temos máis títulos de cómic publicados en galego dispoñibles nos andeis das librerías. Con todo, as cifras de referencias e lectores en galego distan moito de ser as ideais.

Por esta razón, a próxima semana desde BD queremos dar un impulso á Banda Deseñada en galego. Nesa semana recomendamos e animamos a todos os nosos clientes a comprar algún título en galego entre a oferta dispoñible.

Pola nosa banda, imos tentar incentivarvos con diversas accións, entre as que destacan a presenza de dous autores que veñen presentarnos a edición en galego dos seus traballos.

Así, o xoves día 15, David Rubín estará en BD a partir das 19:00 para presentarnos O salón de té do Oso Malaio editado en galego por Demo Editorial.

O venres 16, tamén a partir das 19:00 horas, Ángel de la Calle estará acompañado do seu editor en galego, Kiko da Silva, para presentarnos a edición en galego de Pinturas de Guerra, editada por Retranca Editora.

Admitense encomendas.

Esta semana que doble cita co cómic galego en BD!!!

No hay comentarios: