A Retranca chega aos kioskos
Preséntase Retranca unha revista que aposta por recuperar o humor galego co lema "lerasnos de morto se non nos les de vivo"
A partir deste mes de novembro os galegos teremos unha cita mensual co sorriso nos nosos quioscos. O Café Moderno de Caixa Galicia, en Pontevedra, acolle o vindeiro día 31 de outubro ás oito da tarde (noite se Samaín) a presentación de Retranca.
Esta nova revista chega ao mercado disposta a recuperar a longa tradición humorística galega e conta coa Santa Compaña coma Mascota, baixo o lema "Lerasnos de morto se non nos les de vivo". O feísmo é o tema principal do primeiro número desta publicación, que agasalla os lectores cunha foto do rei "que espertará as paixóns máis ardentes", advirte o envoltorio. A proposta chegará a primeira semana de novembro ao público a través dos quioscos de todo o país, cunha distribución de 8.000 exemplares que se venderán a un prezo de 2,20 euros cada un.
A Kiko da Silva, director e promotor do proxecto, súmanse nestas páxinas auténticas estrelas como son as firmas de Manuel Rivas e Miguelanxo Prado. Canda eles, autores xa coñecidos dos xornais galegos coma Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila ou Andrés Meixide, Alberto Guitián, Jacobo Fernández ou os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo, entre outros son algúns dos colaboradores galaicos do proxecto. Desde fóra do país achegan a súa ollada os coñecidos Idígoras & Pachi ou Mel, coñecidos polas súas colaboracións en El Mundo ou El Jueves. Boa parte destes autores participarán no evento de presentación.
A iniciativa parte do humorista gráfico e ilustrador Kiko da Silva, e quere ocupar un espazo ata agora descoidado nas bancadas. "Hoxe en día non hai ningunha publicación dedicada a nos facer rir de nós mesmos en Galicia", explica, "e coa tradición de humor que temos, con nomes coma Castelao, Fernández Flórez, Julio Camba, Siro ou Pepe Carreiro non é de crer que non haxa público". Da Silva xa leva anos a traballar no campo da edición co proxecto BD Banda, revista de cómic que verá en breve o seu segundo número e que xa foi galardoada en diferentes eventos dedicados á novena arte.
Lista completa de autores:
Alberto Guitián
Andrés Meixide
Idígoras & Pachi
Jacobo Fernández
Kiko Da Silva
Kohell
Leandro
Luís Davila
López Rubiños
Manolo Rivas
Manuel Lourenzo
Mel
Miguelanxo Prado
Pestinho+1
Pinto & Chinto
Reizentolo
Xaquín Marín
4 comentarios:
Supoño que terás ti puntualmente a revista todos os meses, non si?
Xa che vou encargando unha revista cada mes...
:p
Pues si no pasa nada raro, las revistar estarán en la tienda en plazo y fecha.
Ves, todo es pedir. No querías comic en gallego? :-)
:)
Se o sei comezo a pedilo antes, así como 20 anos antes...
jajajajajajaja....
Fóra de tonterías, a ver que tal funciona o El Jueves galego... Toda a sorte para este proxecto de Kiko da Silva...
Retranca galega: si, hom, si....claro, claro, claaarooo....perooooo.....!
Publicar un comentario